A versión de O libro da selva de Avento Producións recala esta semana en Boiro

05 Outubro 2021

A inmortal historia de O libro da selva, escrita en 1894 polo escritor inglés Rudyard Kipling e levada despois ao cinema por Walt Disney, segue viva e actual, deixando fonda pegada nas nenas e nenos que se achegan á historia de Mowgli e os seus amigos (e inimigos) no máis profundo e salvaxe da foresta hindú. A rapazada de Boiro terá esta semana, o venres 8, unha nova ocasión para coñecer estes personaxes, cunha nova recreación (unha viraxe musical) de O libro da selva a cargo de Teatro Avento Producións.

Será no auditorio da Casa da Cultura de Boiro.

Ideal para público infantil e familiar (crianzas de máis de 6 anos).

O aforo será novamente limitado e as entradas poderán reservarse (dende dous días antes da función) a través da web municipal, www.boiro.gal.

Argumento

Esta adaptación ao galego do texto orixinal de Rudyard Kipling revive as aventuras de Mowgli, un neno abandonado no máis profundo da selva na India. Adoptado polo oso Baloo e a pantera Bagheera acabará por chamar á perigosa selva fogar. Un fogar habitado por variedade de especies animais que, a pesar das diferencias, coñecen o significado do respecto ás diferencias, a tolerancia, e a camaradería…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

Santiago Rodríguez, Santi, fillo do escritor Manuel Rodríguez López, coma el persoeiro de Paradela, era todo amor para Mary, a súa muller; Carlos, o fillo; Irene, a nai; Enrique, o irmán. Tiña como amigos fervorosos a todos os que fóramos amigos de seu pai, e moitos...

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...