A Asociación de Empresarios de Ribeira acolle unha xornada sobre prevención de riscos laborais para maiores de 55 anos

19 Outubro 2021

A sede da Asociación de Empresarios de Ribeira (número 13 da rúa Rosalía de Castro) vai acoller este 21 de outubro unha xornada sobre prevención de riscos laborais para persoas traballadoras de máis de 55 anos. A actividade, que dará comezo ás 20.00 horas, será de balde e aberta para todos os interesados. As inscricións poden facerse a través de www.apegalicia.gal ou mediante o teléfono e o correo electrónico da Asociación de Empresarios de Ribeira (981 873 719 e correo@empresariosriveira.com).

A xornada está destinada a persoas traballadoras autónomas e emprendedoras de máis de 55 anos e pemes con persoal desas características que estean interesadas en coñecer os riscos existentes para o persoal desas características.

Na actividade daranse medidas de seguridade e protección para persoas traballadoras e mostraranse os perigos potenciais de cada sector e as ferramentas de protección específicas para os ditos perfís de idade. Tamén se achegarán detalles sobre a normativa de PRL con respecto a estes colectivos.

A cita está organizada pola Asociación de Pequenas Empresas de Galicia (APE) en colaboración coa Asociación de Empresarios de Ribeira, con financiamento da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.