Turismo de Rianxo convídanos a coñecer os tesouros da vila nun novo roteiro guiado

22 Setembro 2021

O Concello de Rianxo organiza un novo roteiro guiado por diversos lugares de interese da vila. A iniciativa vén da man da Área de Turismo municipal, e diríxese a mostrar in situ os importantes tesouros cos que conta o termo municipal, no caso concreto deste percorrido poñendo o foco nos tesouros urbanos do centro histórico rianxeiro e a súa contorna.

Haberá, por mor da COVID, prazas limitadas. A ruta realizarase o sábado 9 de outubro ás 11.00 horas, con saída dende a praza de Rafael Dieste. A inscrición é obrigatoria e deberá facerse nos puntos de información turística de Rianxo ou no teléfono 604 023 753. O prazo límite para as inscricións será de dous días antes da ruta. O número máximo de participantes será de 20. A ruta durará aproximadamente unha e hora media.

Outros artigos

Ses presenta en Asados, este domingo, “Nadando na incerteza”

Ses presenta en Asados o libro-disco Nadando na incerteza. A Leoira e Teatro Airiños organizan un encontro coa cantautora coruñesa. Asados foi o lugar escollido por María Xosé Silvar (Ses) para presentar o seu último traballo (o libro-disco Nadando na incerteza) na...

+

Rianxo rende homenaxe a Manoel Antonio, o poeta do mar

Este mércores 28 de xaneiro a Asociación Etnolóxica Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao organizou un acto de homenaxe ao poeta local Manuel Antonio no marco do nonaxésimo sexto aniversario do seu falecemento. Na ofrenda floral celebrada no Cemiterio rianxeiro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e especulación” – José Manuel Pena

“Vivenda e especulación” – José Manuel Pena

A dereita política española fala que un problema importante é o do Dereito á Vivenda e en cambio sempre están en contra de que se adopten medidas urxentes para a suspensión dos desafiuzamentos e lanzamentos de vivendas para persoas vulnerables sen alternativa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.