Suma Ribeira pide ao Concello actuacións para recuperar o entorno natural da Fonte de Agriña

O grupo cidadá Suma Ribeira vén de achegar un escrito no que urxe ao Concello a iniciar as actuacións necesarias para recuperar o entorno natural da Fonte de Agriña. O comunicado, segundo sinala a agrupación, é froito das denuncias da veciñanza da zona, afectada por unhas obras do Concello que, segundo sinalan, “está a estragar a dita contorna, malia o seu atractivo e valor paisaxístico”. Suma Ribeira pide que se devolva a fonte e o espazo no que se insire ao seu estado natural.

Tamén pide ao Goberno local que se reúna cos veciños e veciñas da zona (rúa Cabasas e arredores) para atender as súas queixas e as súas suxestións respecto da situación urbanística e melloras que precisa esa zona, principalmente a congostra da Agruiña, onde se localiza a fonte que ten a particularidade de que a súa auga abrolla directamente dunha rocha.

“Dende Suma Ribeira” -explica o seu voceiro Xurxo Ferrón- “consideramos, ao igual que a veciñanza, que a obra que se está facendo non é a máis idónea para resaltar o carácter de atractivo natural que ten a zona. Chama a atención o contraste do cemento coa paisaxe. Máis ben parece un eccehomo tal aberración”.