SEA destinou máis de 20.000 euros á limpeza e acondicionamento dos seus parques

23 Setembro 2021

A entidade SEA (Solo Empresarial do Atlántico) destinou este ano máis de 20.000 euros á limpeza, roza e acondicionamento das parcelas dos seus doce parques empresariais con parcelas dispoñíbeis (no polígono da Tomada da Pobra esgotouse xa a superficie dispoñíbel). A limpeza do parque empresarial de Rianxo realizouse en xuño e entre xullo e agosto as da Laracha, Malpica, Cee, Vimianzo, Muros, Catoira, Vilanova de Arousa, Rábade, Monforte, Mondoñedo e Chantada. As empresas contratadas desprazaron a maquinaria precisa para a roza e limpeza das parcelas que non están ocupadas e encargáronse da xestión da biomasa vexetal que se xera nestas tarefas.

Beatriz Sestayo, xerente da entidade, explica que “seguimos traballando activamente co obxectivo prioritario de impulsar e favorecer o asentamento empresarial, a xeración de emprego e a creación de oportunidades de futuro, con distintas medidas que están a dar os seus froitos, como se reflicte no feito de que conseguimos alcanzar cifras de operacións marca nestes últimos anos. No que vai de 2021, as cifras de operacións xa se achegan aos 5 millóns de euros, o que se traducirá nunha importante creación de postos de emprego a curto e medio prazo”.

Visita ao Polígono de Rianxo este mes de xullo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.