Ribeira destina 40.000 euros a axudas para comedor, libros e material

01 Setembro 2021

A concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, Ana Barreiro, informou da apertura (este 1 de setembro) do prazo de presentación de solicitudes para poder optar á concesión de axudas para libros, material escolar e comedor ofrecidas polo Concello. A edil debullou este primeiro de mes as características destes apoios, cuxo prazo para solicitalas é de 15 días hábiles (ata o 21 de setembro).

As subvencións, dixo, están dirixidas ao alumnado de centros docentes públicos e concertados de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do municipio e a tal efecto cóntase cunha partida orzamentaria de 40.000 euros, dos cales 2.000 son para a adquisición de libros e material escolar e 38.000 para comedores.

Barreiro salientou que os libros e material escolar para educación infantil “só poden adquirirse exclusivamente no comercio local como unha medida para apoiar o noso tecido económico”.

No que se refire ao comedor, a contía é de 5 euros máximo por persoa ao día.

Este ano, engadiu, o programa introduce unha novidade no ánimo de facilitar a tramitación se habilitan varias opcións á hora de presentar a documentación requirida. Así, ademais do rexistro xeral situado na Oficina de Atención Cidadá do Concello de Ribeira tamén caberá a posibilidade de presentala no rexistro instaurado nas propias dependencias de Servizos Sociais. Amais, pódese formular de xeito electrónica na propia páxina web municipal, onde se creou un procedemento específico para esta convocatoria.

Ana Barreiro remarcou que os criterios á hora da concesión de axudas teñen un carácter social, tendo en conta a renda da unidade familiar así como a situación persoal de cada membro. A proposta de resolución serán valorada no prazo dun mes por unha comisión constituída ao efecto e será publicada na web municipal.

Transporte

A edil de Servizos Sociais tamén lembrou que o Concello de Ribeira está a facer un importante esforzo para axudar ás familias no transporte das persoas en idade escolar, contribuíndo á rebaixa do seu custe tanto no ámbito público como no concertado a través de tres liñas de acción. Así:

• O convenio asinado coa Xunta permite beneficiar aos mozos e estudantes de Ribeira de ata 21 anos coas vantaxes inherentes á Tarxeta Xente Nova, podendo ir de balde no transporte público de Galicia.

• O plan de mobilidade de transporte urbano escolar aos centros concertados posibilita axudas directas ás familias usuarias dos autobuses reducindo o prezo mensual a pagar.

• E a maiores o Concello sufraga unha subvención pola que facendo uso da tarxeta de transporte as viaxes polo municipio de estudantes ata os 28 anos ven rebaixado o prezo do billete de 1,50 a 0,60 euros.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.