Remata en Rianxo o Obradoiro Carnero Valenzuela II coa presentación dos traballos web realizados polos participantes

29 Setembro 2021

En Rianxo vén de chegar ao seu remate a actividade do Obradoiro de Garantía Xuvenil Carnero Valenzuela II, unha iniciativa de formación e de inserción laboral promovida polo Concello e co-financiada pola Xunta e o Fondo Social Europeo, que se centrou estes meses en achegar recursos á mocidade local sobre desenvolvemento e publicación de páxinas web.

A clausura do obradoiro, un taller de emprego para menores de 30 anos que combinou coñecementos teóricos con accións prácticas adaptadas ás demandas das empresas, acompañouse da presentación dos destacados traballos de deseño web realizados polas persoas participantes.

Na clausura participaron a secretaria territorial da Coruña da Xunta, Patricia Rodríguez, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Tamén participou o alumnado que traballou no obradoiro ao longo de doce meses de actividade no programa mixto de emprego e formación, facendo entrega dos proxectos realizados, entre os que se atopaba o desenvolvemento do Portal de Entidades de Rianxo, un escaparate colaborativo do tecido asociativo do municipio.

Ademais deron forma cos seus coñecementos a outros proxectos tecnolóxicos de interese para a promoción de Rianxo:

Roteiro Castelao

Ruta do Apego

Faustino Rey Romero

Museo do Mar de Rianxo​​​​

Casa Museo de Manuel Antonio

Feito en Rianxo

O Concello habilitou un tríptico informativo en PDF con todos os datos do obradoiro e a súa actividade.

Outros artigos

O autismo centra unha xornada formativa o día 18 de abril en Rianxo

Rianxo acollerá o 18 de abril o evento FormaTEA 2026, a primeira xornada formativa da Asociación de Trastornos do Espectro Autirsta do Barbanza. O xornada xirará en torno á regulación no autismo e será conducida pola especialista Anabel Cornago. Desenvolverase baixo o...

+

Fogo Fatuo organiza este sábado o seu Pasabares do Entroido

O Entroido de Rianxo comeza o seu programa grande de actividades este sábado 7 de febreiro, co Pasabares de Entroido que se celebrará na contorna da Martela a partir das 20.00 horas. Trátase dunha actividade organizada pola Asociación Fogo Fatuo, entidade local...

+

Rianxo conmemora con dúas charlas o Día da Muller e a Nena na Ciencia

O vindeiro 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha xornada de recoñecemento do papel clave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e que moitas veces se invisibiliza. O Auditorio de Rianxo acollerá ese día dúas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

Es la oración fúnebre que esta rapaza pronunció al final del funeral en Huelva por las víctimas de Adamuz. Hay discursos memorables en el género oratorio y yo añado el que pergeñó esa hija de una de las víctimas del accidente ferroviario. Mostró ánimo muy grande y...

“Desahucio si, desahucio no” – Manuel Domínguez

“Desahucio si, desahucio no” – Manuel Domínguez

Desahucio si, desahucio no. Has invertido tus ahorros en una segunda casa para intentar garantizar tu futuro, como una ayuda extra a la pensión escuálida. Entregaste la entrada, y ahora con el alquiler la vas pagando. Resulta que el inquilino por h o por b, queda con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.