Procesados seis veciños de Noia implicados na venda de estupefacientes


Media ducia de veciños de Noia deberán responder a próxima semana na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña como supostos autores dun delito contra a saúde pública, polo que o fiscal pide catro anos de prisión para cada. Os procesados adquirían a mercadoría a un vendedor e quedaban con el nunha zona apartada de Catoira.

As investigacións levadas a cabo polos axentes da Garda Civil logrou descubrir ós integrantes desta banda, que se dedicaba á distribución de heroína.