O “Xurelo”, 40 anos da travesía do pesqueiro que acabou coas verteduras nucleares na Fosa Atlántica

20 Setembro 2021
O patrón do ‘Xurelo’, Ánxel Vila explica á tripulación o rumbo do barco. eldiario.es

A 300 millas náuticas de cabo Fisterra, en dirección noroeste, atópase a Fosa Atlántica. Con 4.000 metros de profundidade, o seu fondo está sementado de bidóns con residuos nucleares. E iso que fai case catro décadas que os países europeos deixaron de depositar alí os seus desperdicios. Foi o obxectivo cumprido dunha aventura militante que, en setembro de 1981, iniciou o Xurelo, un palangreiro de madeira e 24 metros de eslora fretado por Esquerda Galega e no que navegaban catro dos seus tripulantes, cargos do partido nacionalista, activistas ecoloxistas e un grupo de xornalistas.

Así comeza o artigo que o xornal dixital “eldiario.es” dedica ós 40 anos da travesía do pesqueiro, que acabou coas verteduras nucleares na Fosa Atlántica. Solo unha confradía atendeu a chamada dos ecoloxistas de Greenpeace para loitar contra a desfeita que se facia no oceano, foi a de Ribeira e o pesqueiro Xurelo co seu patrón Ánxel Vila. O resto da historia podesdes leela en “odiario.es“. 

Recibimento o ‘Xurelo no porto de Ribeira. “eldiario.es”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.