O Vilablues de Noia comeza este venres cun concerto de presentación ás 20.00 horas

28 Setembro 2021

Os días pasados o Concello de Noia presentou máis detalles sobre a nova edición do festival Vilablues, un dos grandes acontecementos musicais da tempada a nivel galego. Os detalles foron achegados por Jacobo Sutil, director da axencia AGADIC, Gumer Meijón, promotor do festival e José Pérez, concelleiro de Cultura.

Segundo confirmaron “serán tres días de concertos con destacadas bandas do panorama internacional, así como artistas galegos que teñen moito que ofrecernos”. Por estilos, haberá sobre todo músicas afroamericanas, soul e blues.

A axenda comezará o venres 1 de outubro cun concerto presentación ás 20.00 horas da tarde, pasando por un sábado de grande escenario e finalizando o domingo, “cun ambiente máis familiar”. Trátase dun proxecto “traballado onde todos temos cabida e nos achegaremos un pouco máis ao blues e ás súas variantes, ao tempo que lle damos vida ás actividades culturais e aos artistas, sen deixar de lado a cultura segura”, fixo saber o concelleiro, que lembrou que polo escenario pasarán artistas tan destacados como Roy Ellis, Shirley Davis & The Silverbacks ou Blues do País, aos que se unen Espiño, Tail Dragger, Adrián Costa, Mallou, Shanna Waterstown, Combo Batanga, J.P. Bimeni & The Black Belts, Duendeneta D.J.S, Jay Doe & The Blues Preachers (con Figui) e Little Neno descobre aos Rolling Stones.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.