O PSOE de Noia pide melloras no carril bici do paseo marítimo e a creación doutras vías para ciclistas

22 Setembro 2021

O grupo socialista de Noia presentou para o seu debate en pleno unha moción relativo ao estado no que se atopa o carril bici do paseo marítimo e sobre a necesidade de incorporar máis infraestruturas para bicicletas noutros recantos da contorna municipal, cousa que a agrupación considera que é clave, xunto coa redución de velocidade a 30 quilómetros, para “que os viandantes e os vehículos sen motor vaian gañando terreo fronte ao coche”. Ao seu xuízo, “débese mellorar a seguridade e a sinalización nos lugares axeitados para que os desprazamentos sexan máis seguros”.

Consideran dende o grupo que o Goberno local “debe priorizar o arranxo dos carrís bici situados no paseo marítimo, e comezar a estudar o aumento de zonas para poder ir en bicicleta de maneira segura nas estradas de titularidade municipal, con espazos adaptados e sinalización axeitada”. Asemade, solicitan que se pida ás administracións correspondentes que “fagan o mesmo para poder crear rutas seguras de desprazamento polo termo municipal, como ir ás praias ou ir ata Noia dende as distintas parroquias”.

O voceiro municipal Roberto Iglesias indica: “Pódese comprobar que o carril bici que está situado no paseo marítimo está en mal estado, con fochancas que poden provocar caídas nunha zona moi concorrida polas familias. Nos últimos anos non se levou a cabo ningún mantemento para arranxar o firme ou mellorar a sinalización”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.