O outono comeza ás 21.21 horas deste mércores 22 de setembro

22 Setembro 2021

Entre os fenómenos astronómicos máis salientables dos vindeiros meses destaca a choiva de estrelas Xemínidas, unha das máis importantes do ano e que terá o seu máximo o 14 de decembro.

A nova estación vaise prolongar ata as 16.59 horas do 21 de decembro. FOTO: Santi Alvite

Este mércores día 22 de setembro ás 21.21 horas comeza o outono no hemisferio boreal. Nese intre, o Sol estará no punto Libra da eclíptica atravesando o plano do ecuador dende o hemisferio norte da esfera celeste cara ao sur. A nova estación vaise prolongar ata as 16.59 horas do 21 de decembro, momento en que terá lugar o solsticio de inverno. “De forma semellante ao que acontece cando se inicia a primavera, estamos en datas nas que teoricamente a noite e o día teñen a mesma duración, de aí a orixe da palabra equinoccio coa que se coñecen estas dúas épocas do ano”, explica o responsable do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.

Entre os fenómenos astronómicos máis salientables deste outono destaca a choiva de estrelas Xemínidas, unha das máis importantes do ano e que terá o seu máximo o 14 de decembro. “Nesta ocasión, coa Lúa pasada a fase crecente, vai ser máis complicado poder observar os máis de cen meteoros/hora previstos para os intervalos de máxima actividade”, sinala o profesor Docobo. Outras choivas de estrelas, como as Oriónidas de outubro ou as Leónidas de novembro presentarán menor intensidade.

“Xúpiter e Saturno, que agora pódense ver perfectamente a simple vista cara ao sueste a primeiras horas da noite, vanse poder observar durante todas as noites desta nova estación”, continúa Docobo. A Lúa estará “aparentemente preto” de ditos planetas durante uns días en cada un dos vindeiros meses, nomeadamente nos intervalos de tempo comprendidos do 12 ao 16 de outubro,  do 9 ao 12 de novembro, e do 7 ao 10 de decembro. “Cómpre asemade destacar a conxunción Lúa-Venus  preto da estrela Antares no solpor do 9 de outubro”, matiza o investigador da USC. Xusto antes do amencer do 10 de novembro, polo leste, sairán xuntos os planetas Mercurio e Marte, e nas derradeiras semanas do outono “asistiremos a unha curiosa aliñación de Xúpiter, Saturno e Venus, logo do solpor”.

A eclipse total de Sol do 4 de decembro só poderá verse en Sudáfrica, na Antártida, e no Atlántico sur. Porén, dende Galicia, será posible observar os primeiros momentos da eclipse parcial de Lúa do 19 de novembro, coa Lúa poñéndose cara o oeste. En torno aos días 8 de outubro, 5 de novembro e 4 de decembro, agárdanse mareas vivas ao coincidir a mínima distancia Terra-Lúa (perixeo lunar) co novilunio.

Verán nebuloso en Compostela  

En canto á meteoroloxía, o verán en Compostela foi máis ben seco pero con bastante nebulosidade, sobre todo en xullo. As temperaturas tamén foron modestas con só seis días por riba dos trinta graos. A máxima tivo lugar o 17 de xullo con 35º, seguidos dos 33º4 do dia anterior. En agosto foron os dias 13, 24 e 27, con 30º5, 30º7 e 31º3, respectivamente, mentres que o 5 de setembro alcanzáronse 30º2. A máxima máis baixa correspondeulle ao 5 de xullo con só 17º5.

En canto ás temperaturas mínimas, a máis baixa foron os 9º9 do 18 de setembro e a máis elevada, a rexistrada o 5 de setembro, 19º5. Xullo foi tamén un mes de pouca insolación, algo máis de 209 horas, 63 menos que agosto. A chuvia estivo presente en 36 xornadas, se ben en once delas foi inapreciable (menos de 0,1 l/m2), destacando os 81,2 l/m2 das tres primeiras semanas de setembro, logo os 29,8 l/m2 de xullo, os 18,6 l/m2 de agosto, e os 5,2 de finais de xuño.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...