O conselleiro de Educación visita dous centros educativos de Muros e informa dunha inxección de case 140 millóns neste curso no ensino galego

21 Setembro 2021

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación, visitou este 20 de setembro dous centros educativos de Muros, un percorrido que aproveitou para dar a coñecer algunha das principais novidades que habilitou o seu departamento co inicio do novo curso. Por exemplo, a inxección extra de case 140 millóns de euros “co fin de facer fronte ás necesidades derivadas da pandemia e blindar a seguridade sanitaria así como a calidade do sistema educativo”. Este investimento, sinalou, situaría a Galicia como unha das comunidades con meirande investimento por alumno no ensino público.

“Este reforzo económico inclúe os 10M€ do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, que se incrementa nun 40% respecto ao pasado curso”, explicou, engadindo que da devandita contía, 43,8 millóns corresponden a fondos europeos dirixidos a avanzar nas competencias dixitais ou modernización da Formación Profesional, entre outros conceptos.

O conselleiro fixo estas declaracións no marco dunha visita ao colexio CEIP Ramón de Artaza y Malvárez e ao instituto IES Plurilingüe Fontexería, incluídos no programa de obras de mellora en centros educativos da Xunta este ano. Segundo dixo, “só en centros do Barbanza o investimento en obras realizadas e comprometidas ascende a máis de 8,3M€ para un total de 40 actuacións”.

No caso concreto do CEIP Ramón de Artaza y Malvárez, executouse unha rehabilitación integral do centro por importe de máis de 800.000€: “Por unha parte mellorouse a eficiencia enerxética do centro, a través do illamento térmico polo exterior, e ademais cambiouse a cuberta e colocáronse novas xanelas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo”, sinalou, lembrando que tamén se instalaron novas luminarias con tecnoloxía LED, equipos de regulación e detectores de presenza en zonas comúns e aseos.

Segundo dixo, a intervención do IES Plurilingüe Fontexería vén de ser licitada e conta cun orzamento de máis de 1,4M€. O programa de necesidades contempla “a mellora da eficiencia enerxética do centro, a través da substitución da cuberta existente por panel de dobre chapa de aceiro con illante intermedio no edificio principal, edificio de talleres e edificio de salón de actos e a instalación de sistema de illamento térmico polo exterior (SATE) no edificio principal”. Así mesmo, engadiu, “cambiarase a carpintería exterior por unha nova de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, no edificio principal, edificio de talleres e edificio de salón de actos e colocarase luminarias de alta eficiencia enerxética”.

Ademais, mellorarase a instalación de calefacción do edificio principal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.