O Club de Remo Cabo de Cruz gaña a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

05 Setembro 2021

Os equipos masculino e feminino de Boiro foron os gañadores das dúas modalidades da Bandeira, celebrada esta tarde en augas da ría de Corcubión

20210905 Os equipos masculino e feminino de Boiro foron os gañadores das dúas modalidades da Bandeira de Traíñas “Deputación da Coruña

O Club de Remo Cabo de Cruz proclamouse esta tarde gañador da Bandeira de Traíñas “Deputación da Coruña, tanto na modalidade masculina coma na feminina.

A proba, que reúne cada verán aos mellores clubs de remo da provincia, volveu a celebrarse este ano nas augas da ría de Corcubión, tras ser suspendida a edición do ano pasado debido á pandemia da Covid-19.  

Un total de 18 clubs (12 masculinos e 6 femininos) disputaron a Bandeira, nunha espectacular competición de 3 millas naúticas que congregou a numeroso público para seguir as evolucións das embarcacións nunha vila que conta cunha gran tradición mariñeira.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a deputada de Deportes, Crsitina Capelán, foron os encargados de facer entrega das Bandeiras ás tripulacións gañadoras. A Deputación destina 25.100 euros en premios aos equipos participantes.

O presidente Valentín González Formoso e a deputada de Deportes, Cristina Capelán, entregaron as bandeiras ás tripulacións gañadoras

González Formoso manifestou a súa satisfacción porque a situación sanitaria permita este ano “recuperar unha proba que é toda unha tradición cada verán nas costas da provincia da Coruña” e facelo ademáis “cunha competición feminina que este ano chega a súa segunda edición, porque o remo feminino ten moitos éxitos por diante e vainos dar moitas alegrías na provincia da Coruña”.

O presidente felicitou ás gañadoras e gañadores da Bandeira 2021 e agradeceu a impecable organización do evento, a cargo da Federación Galega de Remo que preside José Manuel Seijas. 

O presidente Valentín González Formoso e a deputada de Deportes, Cristina Capelán, entregaron as bandeiras ás tripulacións gañadoras

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...