O BNG celebra a aprobación definitiva da ordenanza para o uso do galego en Noia

28 Setembro 2021

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de A Coruña vén de anunciar a aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora do uso da Lingua Galega no Concello de Noia. A nova foi celebrada polo Bloque Nacionalista Galego do devandito concello, que lembra que con esta “aprobación definitiva o municipio noiés colócase á altura das sete grandes cidades galegas e outros poucos concellos que xa contan con este tipo de regulamento”.

O BNG lembra que o proceso para a consecución da ordenanza comezou o pasado mes de febreiro cando a agrupación nacionalista de Noia levou ao pleno unha proposta de texto que logo foi posta a disposición dos servizos técnicos para que se levara a cabo unha análise normativa. Máis adiante, logo de certas modificacións miúdas no texto proposto polos nacionalistas, a ordenanza foi aprobada por unanimidade no pleno do mes de maio, coincidindo co mes das Letras Galegas.

Agora, logo de non ter alegacións no proceso de exposición pública e ser publicado no BOP, a norma “é xa unha realidade, regulando aspectos coma a atención ao público, a actuación administrativa, as publicacións e actividades públicas, as relacións coas empresas privadas e administracións, a sinalización, a toponimia ou o impulso e normalización da lingua galega no municipio”, salienta o BNG.

O portavoz do grupo, Ricardo Suárez, sinalou diante desta noticia que dende a súa formación “séntense orgullosos de ter impulsado esta ordenanza e traballarán para que os seus obxectivos se convertan en realidade”.

Ricardo Suárez (BNG) e Carlos Vieito (Mesa de Normalización Lingüística)

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

Tú, yo, nosotros.Leyendo a Tucídides y su Guerra del Peloponeso, me lleva a desarrollar el siguiente artículo.En el año 416 a C, Atenas pide a la isla de Melos se entregue al poder de Atenas, esta confía en que Esparta la ayude, pero no, queda a abandonada su...

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

Namoramos, casamos e fomos pais en tempo de ditadura. No lombo, no canto de estrelas amarelas luciamos, marcado a fondo, o desexo de mellorar. E melloramos deixando de traballar o sábado pola tarde e a costa do pluriemprego que nos permitiu acceder a préstamos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.