Na rúa o número 26 da nosa revista mensual “O Barbanza”

09 Setembro 2021

Chega unha nova edición da nosa publicación mensual “O Barbanza”, a 26, un número o de setembro que recolle as derradeiras festas máis sobranceiras e históricas da comarca e de Galicia enteira.

Así O Son celebra as do “O Carme”, Ribeira a súa patroa “Santa Uxía”, Rianxo a tradicional “Guadalupe” e A Pobra “O Nazareno”, iso sen esquecer outras parroquias que tamén se unen neste mes á honrar os seus patróns. 

Repasamos nas nosas páxinas a arquitectura punteira da comarca, viaxamos a Sálvora para recordar os feitos tráxicos do Santa Isabel, publicamos as novidades mais salientables das nosas letras, e recollemos reportaxes sobre aspectos dos concellos da nosa comarca sen esquecer a axenda das festas e actos culturais. Por suposto resumimos aspectos destacados da vida, da economía e das empresas locais.

A pandemia marca sen embargo, as celebracións que en moitos casos verán limitados os seus actos pero que pouco a​ ​pouco van recuperando o pulo á espera da ansiada normalidade.

Isto e moito máis ocupan as páxinas deste número de “O Barbanza” que cunha tirada de 7.000 exemplares está en distribución de balde en toda a comarca podendo amais descargarse en pdf ou leerse en trebellos móbiles.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.