Multitudinario seguimento das misas exteriores na honra do Nazareno

19 Setembro 2021

A Pobra do Caramiñal celebra dende o 17 ao 20 de setembro a festividade do Nazareno, declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2000. Na xornada deste domingo 19 desenvolvéronse tres misas na praza Alcalde Segundo
Durán: ás 11.15, 12.15 e 13.15 horas. Para tal ocasión, despregouse un amplo dispositivo de seguridade e organizativo.
Centos de persoas achegáronse ata a dita praza, na cal o acceso estivo controlado mediante entrada con código QR. Así mesmo, púidose seguir o oficio das 13.15 horas en directo por Canal Barbanza e en streaming pola canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal, onde permanecerá gardado o vídeo para quen desexe visionalo posteriormente. Oficiada polo arzobispo de Santiago, Julián Barrio, e polo párroco da igrexa de Santiago do Deán, José Soneira, a esta última misa asistiron diversas autoridades coma o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, membros do goberno local e concelleiros e concelleiras da corporación municipal, entre outras.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedad actual”. José Manuel Pena

Es evidente que la sociedad actual está creada a la medida de los trepas,insolidarios, narcisistas, xenófobos y gente sin escrúpulos. Tienen todas lascondiciones y facultades para progresar, enriquecerse y explotar al resto demortales. Se aprovechan de la humildad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.