Medio Ambiente e a Autoridade Portuaria estudan como dinamizar o Faro de Sálvora

06 Setembro 2021

Proseguen os traballos arredor do Faro de Sálvora e o seu futuro. Este luns, sen ir máis lonxe, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, José Manuel Cores Tourís, visitaron a devandita instalación, cuxa xestión recae nesta administración portuaria, co obxectivo de coñecer os intereses desta entidade e a posibilidade de “abrir futuras liñas de colaboración”.

A directora xeral indicou que calquera iniciativa ou proxecto que se pretenda levar a cabo no ámbito da illa de Sálvora deberá “respectar e ser acorde ao contido do Plan reitor de usos e xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que entrou en vigor en xaneiro de 2019”.

Do Campo recordou que Sálvora é unha das catro illas do único parque nacional que existe en Galicia, que destaca no seu conxunto polo seu enorme valor ambiental, paisaxístico e de biodiversidade, xa que conta con 34 hábitats de interese comunitario dos 90 que hai en Galicia.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.