Médicos del Mundo e o Concello de Ribeira achegan dúas actividades formativas para favorecer a integración dos inmigrantes

23 Setembro 2021

A organización humanitaria Médicos do Mundo e a Concellería de Servizos Sociais de Ribeira que dirixe a edil Ana Barreiro colaboran na próxima celebración de dúas actividades formativas gratuítas destinadas á poboación inmigrante:

  • Dereito á Saúde: vías de acceso para migrantes, enfermidades epidemiolóxicas e prevención–vacinación COVID-19: destinada á poboación inmigrante e emigrante retornada, que se levará a cabo o día 30 de setembro de 10.00 a 13.00 horas na sala do Centro Cultural Lustres Rivas.
  • Curso de Esforzo de Integración: destinado a persoas inmigrantes que precisan certificacións para a solicitude do Informe de Esforzo de Integración. Formación en liña a través dunha aplicación de uso sinxelo. 20 horas (do 18 ó 22 de outubro) cos seguintes contidos:
    • I: Coñecemento e respecto dos valores constitucionais en España
    • II: Valores estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia
    • III: Valores da Unión Europea
    • IV: Os dereitos humanos
    • V: As liberdades públicas
    • VI: A democracia
    • VII: A tolerancia
    • VIII: A igualdade entre mulleres e homes

A inscrición para ambas actividades débese formalizar no departamento de Servizos Sociais Comunitarios situados na praza 8 de marzo (edificio Miradoiro de Padín).

A concelleira Ana Barreiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.