Media ducia de propostas da nosa comarca entre os finalistas dos Premios COAG de Arquitectura de Galicia

08 Setembro 2021

O Colexio de Arquitectos de Galicia deu a coñecer as obras finalistas da XIX edición dos Premios COAG de Arquitectura, os recoñecementos aos mellores proxectos construtivos da nosa terra. O xurado do certame, que este ano contou coa candidatura de 197 contribucións (propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de agosto do 2018 e o 30 de setembro do 2020), seleccionou un total de 38 obras. Entre estas atópanse a Surf House de Miñortos, en Porto do Son (Álvaro Marín e Alfonso Castro, de Doesmas Arquitectos); o Centro Social en Cornido, Carnota (Covadonga Carrasco López e Juan Creus Andrade); a rehabilitación de vivenda unifamiliar en Miraflores, Muros (Iago Fernández Penedo e Óscar Fuertes Dopico); a mellora da accesibilidade á igrexa de San Martiño de Noia (José Barreiro Carreño) e máis o proxecto Arquitectura dende a paisaxe_ Centro pecuario e de investigación na Serra do Barbanza, na Pobra, de Laura Fernández Rouco.

A casa rehabilitada de Miraflores, en Muros

Por categorías, foron 6 en Residencial de Nova Planta. Vivenda Unifamiliar, 2 obras en Residencial de Nova Planta. Vivenda Colectiva, 5 en Outros Edificios de Nova Planta, 6 en Obras de Restauración e Rehabilitación, 4 en Obras de Interiorismo, 3 en Arquitecturas Efémeras e Deseño, 3 en Deseño de Espazos Urbanos, Xardinería e Paisaxismo, 4 en Divulgación e Investigación, e 5 en Proxecto Fin de Carreira. O Premio á Traxectoria Profesional farase público nos próximos días.

Os membros do xurado foron a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia, que actuou como presidenta; como vogais, a arquitecta e vicepresidenta da Ordem de Arquitectos de Portugal, Paula Santos; o arquitecto Antonio Ortiz, con traxectoria de obra construída significativa e docente da ETSA de Sevilla; a arquitecta e responsábel da Comisión de Cultura do COAG, Emma Noriega; a arquitecta Ana Couto, responsábel da Comisión de Urbanismo e Territorio do COAG; e a arquitecta e secretaria da Xunta de Goberno do Colexio, Elvira Carregado, que exerceu de secretaria.

A Surf House de Miñortos, en Porto do Son

O xurado seleccionou estas trinta e oito obras “pola súa gran calidade, a súa adaptación ao territorio natural e construído, a minuciosidade na recuperación do patrimonio construído, a súa innovación no uso de materiais, a súa versatilidade e o traballo de investigación e divulgación realizado para que Galicia sexa un referente no panorama arquitectónico”.

O proxecto de Laura Fernández Rouco para a Serra do Barbanza

Para facer públicos os nomes dos gañadores, o Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará unha gala o 25 de setembro pola tarde no Pazo de Baión en Vilanova de Arousa (Abelleira 4,5,6, Baión). O evento conta coa colaboración das empresas Porcelanosa Grupo, Cortizo, Grupo Aluman, Constructora San José, Condes de Albarei – Pazo Baión, Exlabesa Architecture, Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, Rodiñas, Extrugasa, Tejas Verea, Ramírez Construcciones.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.