Malasombra leva a Porto do Son o seu espectáculo D.E.P.

07 Setembro 2021

O 25 de setembro, ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, Malasombra Producións e A Laberca representarán en Porto do Son o espectáculo D.E.P., unha comedia sobre unha familia onde todos os integrantes levan as súas costas unha singular ristra de problemas e que conflúen “nunha noite ateigada de segredos inconfesábeis que acaban saíndo á luz”.

Neste contexto aparecen elementos como unha corda, e unha lámpada e xanelas abertas, en inverno, ben abertas, e un coxín, e pan, un miolo de pan… E medo, moito medo. A cita será ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Porto do Son. Colabora o Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...