En Noia, o palco da música da música da Alameda recupera o seu esplendor

06 Setembro 2021

Durante os últimos días de agosto e primeiros se setembro leváronse a cabo en Noia tarefas de limpeza no palco da música da Alameda, co fin de devolverlle o esplendor a este importante elemento patrimonial do centro da vila. Os operarios do Concello estiveron limpando a pedra das pintadas e graffitis que afeaban o mesmo.

O Concello explicou que con estes traballos, sumados ás melloras que se realizaron con anterioridade, coma o pintado, a reparación e a substitución da madeira e o pintado de varandas, poñen fin á reparación completa do palco.

Dende o Concello de Noia aproveitaron o desenvolvemento destas tarefas para facer un chamamento a prol “do civismo e respecto”, esperando que o palco “non se converta nun novo lenzo no que facer pintadas que non fan máis que afear un elemento histórico da nosa vila”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...