En Noia, Medio Ambiente do Concello retira novos vertidos incontrolados e fai un chamamento ao civismo

23 Setembro 2021

O Concello de Noia vén de informar dunha nova escalada de vertidos de lixo incontrolados no termo municipal, vertidos que xa están a ser retirados pola Concellería de Medio Ambiente, que denuncia que a aparición destas acumulacións ilegais de refugallos están a ser continuas. Desta volta, foron retiradas moreas de residuos na zonas de Barro, Santa Cristina, San Lázaro e Labarta.

Dende o Concello aproveitaron para “facer un chamamento ao civismo” e pedir á veciñanza “que procure depositar os residuos e enseres de maneira correcta, ou achegalos ao punto limpo do Polígono de Augalevada”. O Goberno local tamén anima á cidadanía a que denuncie a aparición destes vertidos e dea conta dos comportamentos incívicos, co fin de axudar a identificar e sancionar as persoas infractoras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.