En Noia eliminados dous puntos de vertido de augas residuais á ría de Muros

11 Setembro 2021

A Xunta eliminou dous puntos de vertido de augas residuais á ría de Muros, no concello de Noia.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron estes focos na parroquia de Barro, no marco das inspeccións rutineiras no dominio público dos municipios.
As comprobacións realizadas polos técnicos da Xunta permitiron comprobar que os vertidos procedían dunha rede de pluviais que recibía vertidos de vivendas unifamiliares e, ademais, dun tramo da rede de saneamento que recibía o vertido de distintos inmobles.
A entidade local acometeu as actuacións oportunas dirixidas a solucionar as incidencias, mediante construción dun colector unitario e a conexión cara á estación de bombeo dos focos contaminantes na rede de pluviais.
Os técnicos da Xunta realizaron unha nova inspección á zona, verificando que a finalización das actuacións permitiron o cese dos puntos de vertido e a inexistencia de afección no dominio público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.