En Noia comeza as obras de instalación de novo peitoril na Ponte Vella da estrada AC-550

14 Setembro 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou as obras para a instalación de novo peitoril na ponte vella da estrada autonómica AC-550, ao seu paso polo concello de Noia.

Estas obras, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, terán un prazo de execución estimado de 1 mes.

A actuación consiste na substitución do elemento de contención de vehículos nesta ponte situada no punto quilométrico 73+200 da vía autonómica, que na actualidade conta cunha barreira soportada por uns perfís metálicos.

Deste xeito, as obras comprenden a desmontaxe e retirada do actual sistema de contención e a instalación dunha nova barreira para contención dos vehículos, de xeito que quede protexido o tráfico de peóns que circula pola beirarrúa.

Os traballos impulsados polo departamento que dirixe Ethel Vázquez suporán, ademais, unha mellora estética nunha zona moi transitada e sensible desde o punto de vista patrimonial e natural.

A Xunta continúa traballando no mantemento das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.