En Dodro un grupo de mozos quere poñerse ó fronte da comunidade de Montes da “Cruz do Avelán”

03 Setembro 2021

Debido ó gran descontento dos comuneiros da CMMC “Cruz do Avelán” na parroquia de San Xoán De Laíño, polo estado do monte, sen limpar, cos camiños pechados, sen ningunha actuación no mesmo en varios anos e pola falta de previsión de actuacións futuras, un grupo de mozos da parroquia levaron a cabo unha iniciativa de recollida de firmas para forzar unha asemblea xeral onde se solicita a dimisión de toda a xunta reitora, recollida que foi avalada masivamente pola maioría dos comuneiros, posto que, en dous días, recolléronse mais de cen firmas, sendo necesarias 60 para a convocatoria da asemblea do día 12 de setembro.
Tamén estase a constituírse unha candidatura formada por esta mesma mocidade, que toman o relevo da titularidade de comuneiro de seus pais, ou tamén dos avós, con formación e con ideas novas en canto a explotación do monte, con diversificación da produción forestal, monte sostible ecoloxicamente, explotación gandeira, respecto polo patrimonio cultural e sobre todo, con transparencia na xestión e nos balances económicos.
Este grupo de comuneiros teñen representación en todas as aldeas da parroquia e farán xuntanzas cos veciños os vindeiros días:

-Luns día 6 as 20:00h reunión en Chan de Viña para a aldea de Bexo

-Martes día 7 as 20:00h reunión na Lavandeira para as aldeas Imo e Castro

-Mércores día 8 as 20:00h reunión no lavadoiro de Teaio para as aldeas Bustelo, Devesa e Teaio.

Nestas reunións informativas queren facer chegar os comuneiros a situación actual do estado do monte e da xunta reitora e explicar o seu compromiso de traballo para poder reverter todo isto.
Outra das actuacións é facer que os comuneiros asistan as asembleas e conseguir cuorum para poder sacar adiante acordos necesarios para o bo funcionamento da entidade xa que agora mesmo é moi difícil debido o desencanto dos comuneiros co funcionamento da CMMC “Cruz do Avelán” polo que coas reunións e o boca a boca, e a través das redes sociais, tentarán de motivar de novo a participación.
Unha iniciativa deste grupo é facer charlas informativas abertas con outras comunidades de montes para ver as actuacións que están a facer e o xeito de poder levalas a cabo tamén na súa comunidade de montes.

Parque Da Cruz Do Avelán

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...