Dous feridos en senllos accidentes case simultáneos en Ribeira

09 Setembro 2021

Dúas persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados hoxe con apenas uns minutos de diferenza no centro de Ribeira. O primeiro produciuse a primeira hora da tarde na zona de Abesadas e nel víronse implicados un turismo e unha motocicleta. Os vehículos chocaron no cruzamento entre as rúas Carlos Casares e Constitución. O piloto da moto resultou ferido e foi trasladado ao hospital de Barbanza.

Pouco despois rexistrábase un novo accidente de tráfico na contorna da praza do Concello. Un home que cruzaba a rúa nas inmediacións da sede do GAEM resultou ferido ao atropelalo un turismo. A vítima era un home de 59 anos que tamén necesitou asistencia sanitaria e foi levado o hospital comarcal.

Nos dous accidentees interviron efectivos do GAEM e axentes da Policía Local.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.