Diego Calvo presenta en Noia o seu proxecto para liderar o PP provincial

08 Setembro 2021

O candidato a presidir a dirección do Partido Popular da Provincia da Coruña, Diego Calvo, presentou este 7 de setembro Noia as bases do que será o seu proxecto político para liderar a formación popular durante os próximos anos.

O acto encadrouse nunha xira polos concellos iniciada a semana pasada e que se prolongará até o 13 de setembro. No seu percorrido estase a reunir con con alcaldes, portavoces e simpatizantes da súa formación para facerlles chegar o que será o seu proxecto á fronte do partido.

O Congreso Provincial celebrarase na Coruña o 25 de setembro.

Con estes encontros, o dirixente popular pretende reforzar o contacto directo e estreito coas bases do seu partido para, en primeiro lugar, agradecer o apoio recibido a través dos avais á súa candidatura e, en segundo lugar, establecer as liñas mestras coas que os populares deberán facer fronte aos importantes retos dos próximos meses.

En Noia, Calvo salientou a importancia de que a súa formación “poida afrontar a cita electoral local mellor preparada que nunca” para, entre outras cousas, “recuperar os gobernos das tres grandes cidades da provincia, A Coruña, Santiago e Ferrol, e, ademais incremente o seu peso provincial para acceder á presidencia da Deputación da Coruña”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...