Capitán do Cobija: “Non son ningún delincuente. Sempre traballei legalmente”. Antón Luaces

03 Setembro 2021

Enteiro, malia as penurias padecidas no Iemen durante o case un ano de “secuestro” vivido a bordo do Cobija, buque que se mantén atracado ao peirao de Al Mukalla. Canso, talvez enfermo, coa mesma dor que días atrás se lle declarara no peito, que foi o que levou ao sindicato CUT a solicitar un chequeo médico. Pablo Costas Villar, capitán do pesqueiro Cobija, xa está en España. Este sábado, con total seguridade,  poderá estar en Bueu coa súa familia e os seus conveciños, aos que agradeceu en Madrid -ao igual que o fixo cos medios de comunicación- a súa comprensión e solidariedade.
Sen aínda estar recuperado de tanto tempo de privacións, Pablo Costas conserva unha gran lucidez e un fondo aplomo: “A veciñanza de Bueu, a miña familia e os propios medios de comunicación souberon detectar que se estaba a cometer unha inxustiza e un abuso na miña persoa. Dos compañeiros e amigos da nosa comarca non me estrana, porque moitos deles son, coma min, xente de mar. Navegamos por todo o mundo, e sen necesidade de entender de política. Temos medo e alarma porque o que me pasou a min pode pasarlle a calquera do pobo, da familia”. 

Deixou entender Pablo Costas o papel desempeñado neste problema que durou case que un ano por parte de Australia. “Encargou a Iemen un traballo que foi doado cumprir nun país onde a Lei e o Estado están desaparecidos. Eu tentéi o apoio dos consulados españois na zona e só atopei neles a complicidade evidente cos promotores deste secuestro. Talvez por compromiso”.

Malia todo, o que fora ata hai uns días capitán do Cobija, afirma que quere ver a parte positiva de todo o proceso e pon riba da mesa o papel determinante xogado pola sociedade, o seu apoio en toda circunstancia porque, alto e claro o dixo: “Eu non son ningún delincuente. Sempre traballei legalmente. E dou a cara, onde eles falan de presuncións, de presuntos casos de ilegalidade na pesca”. Da súa persoa só saen palabras de agradecemento pola solidariedade recibida: “Este é o meu sentimento: abandonáronnos onde non hai Estado nen sistema xudicial. Pasamos moitas calamidades. Estabamos desprotexidos. Deixaron que cada un de nós se arranxara como poidera no seu propio barco, sen auga para beber nin para ducharnos, con altísimas temperaturas, cubertos de mosquitos e outras miserias”. 

Un barco depende da súa infraestrutura, da súa maquinaria e a do Cobija non funcionaba. Nen sequera a pranta potabilizadora de auga.

 “Foi un  calvario. E os instigadores, contentos porque o seu obxectivo era alongar a situación ata que algún de nós morrera. millor se era eu. Querían castigar a un mariñeiro español que tiña a ousadía de pescar. A min non me roubaron a miña liberdade. Para nada. Sí a miña saúde. Pero a min non me rouba a liberdade ningún fascista”, manifestou Pablo Costas en clara alusión ao papel desempeñado por Australia.

Referíuse unha outra vez á unión dos viciños de Bueu e a súa necesidade de explicalo todo, absolutamente todo. Iemen ten un Goberno e, como país, está recoñecido polo Goberno español, “pero con nós non houbo máis que inxustiza. O culpable verdadeiro é Australia, que presionou ao goberno iemení dicíndolle,dunha ou doutra maneira, que tiñan que castigarnos”. 

O capitán e a tripulación do Cobija debían servir de exemplo para evitar que Iemen fose o refuxio dos barcos que pescan de xeito ilegal, practicando unha pesca de cuxo rexeitamento Australia semella querer ser bandeira.

Este sábado, ás 13,30 horas, Pablo Costas vai ter un pequeno xesto de agradecemento pola solidariedade mostrada polo pobo de Bueu. Será fronte ao concello da vila. 

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.