Accidente entre unha moto e unha furgoneta de reparto nos Mosqueiros, Castiñeiras

O Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) do Concello de Ribeira informou dunha colisión por alcance entre unha moto e unha furgoneta de reparto á altura da rúa Mosqueiros, na parroquia de Castiñeiras.

O suceso produciuse en torno ás 10.15 horas de hoxe. O condutor da motocicleta foi inmobilizado e trasladado en ambulancia ao Hospital da Barbanza.

Participaron no operativo o 061, a Policía Local, o GAEM e Bombeiros de Ribeira.