A Xunta anuncia en Outes que formará a case 2.000 persoas desempregadas na nova convocatoria de obradoiros duais

10 Setembro 2021

O Goberno galego anunciou este 10 de setembro en Outes que vai celebrar, no período 2021-2022, un total de 94 obradoiros duais de emprego. Trátase de actividades específicas de formación que porán contratos de traballo ao alcance de dous milleiros de persoas. O programa mobilizará 34,2 millóns de euros (+48% respecto da anterior). A Xunta comezou a notificar a resolución da convocatoria para este curso académico, que, segundo informa, “é a maior dos últimos dez anos en canto a orzamento, actuacións a convocar e número de alumnos e alumnas”.

Estes datos foron dados a coñecer pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, que visitou este 10 de setembro o obradoiro de emprego sobre repoboación forestal e tratamentos silvícolas impulsado polos Concellos de Outes, Noia e Lousame, onde destacou “a importancia destas ferramentas para formar e dar a posibilidade de acceder a un emprego ás persoas participantes”.

Segundo engadiu, a convocatoria 2021-2022 permitirá desenvolver un total de 94 actuacións e atender á totalidade das solicitudes achegadas polas entidades. A Xunta concedeu 26 obradoiros na provincia da Coruña, 20 na de Lugo, 28 a Ourense e 20 que se celebrarán na provincia de Pontevedra.

As persoas desempregadas que participan nestes programas (desenvolvidos por concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal) poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e un contrato de traballo. Unha vez remata o obradoiro, teñen oportunidade de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación.

Segundo engadiu, no obradoiro de repoboación e tratamentos silvícolas promovido polo Concello de Outes, en convenio cos municipios de Noia e Lousame, formáronse un total de 20 alumnos-traballadores (5 mulleres e 15 homes). A metade dos participantes teñen unha idade comprendida entre os 18 e 24 anos. A Xunta investiu nesta actividade un total de 346.946 euros.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.