A Pobra reforza os servizos e axudas de cara o inicio do curso escolar

08 Setembro 2021

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), e a súa homóloga da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), explicaron nesta xornada tódolos servizos e axudas que ofrece o Concello da Pobra do Caramiñal de cara o inicio do curso escolar.
A edil Amparo Cerecedo indicou que se continúan coas axudas de escolarización, as cales van en dúas vertentes: unha cota fixa para material escolar de 55 euros; e unha subvención para sufraga-lo gasto do comedor escolar que pode ser do 100% para aquelas familias que participan e solicitan dentro de programas dos Servizos Sociais ou do 50% para o resto de familias demandantes. Segundo apuntou, neste 2021, incrementáronse as solicitudes, chegando ás 19, das que unicamente foron denegadas 3: unha por cuestión de documentación e as outras dúas porque superaban o baremo económico. Neste senso, declarou que a partida orzamentaria para tal fin se incrementará en 4.000 euros,
aproximadamente. Destacou así tódolos servizos que pon o Concello “a disposición da veciñanza para facilitar todo o acceso á educación en igualdade de condicións.”
Doutra banda, a concelleira Charo Varela detallou o Servizo de Madruga, para o cal se contratan entre 5 e 6 monitoras, dependendo do número de nenos e nenas que necesiten desta prestación, e que posibilita entrar dúas horas antes do inicio do horario escolar. Desenvólvese nos centros educativos do CEP Pilar Maestú Sierra, CEP Salustiano Rey Eiras e EEI Fernández Varela. Así, tal e como precisou, a Administración local destina a este eido entre 70.000 e 80.000 euros ao ano. Así mesmo, o Concello colabora coas ANPA no servizo de comedor escolar: as asociacións ofrecen o menú e a Administración local pon a disposición monitoras para o coidado das crianzas, entre as 14.00 e as 16.00 horas. Deste xeito, manifestou que se trata dunha “aposta importante e cremos que é a nosa obriga e responsabilidade”, pois “a conciliación forma parte dos proxectos de igualdade.”

Outros artigos

O PSdeG de Ribeira acusa ao PP de atrasar a residencia de maiores

O PSdeG de Ribeira cargou contra o novo anuncio da futura residencia de maiores e asegurou que non supón “ningunha solución real”, senón un novo atraso que pode prolongar durante anos a chegada dun servizo considerado esencial para o municipio. Os socialistas critican...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.