A aula CeMIT de Boiro achega a formación precisa para a obtención do CODIX

23 Setembro 2021

O Concello de Boiro compartiu este xoves información relevante para a cidadanía sobre a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Segundo informou, o Diario Oficial de Galicia publica este 23 de setembro a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do dito certificado, cuxo prazo de inscrición está está aberto dende as 00.01 horas do venres 24 de setembro e ata as 24.00 horas do venres 30 de setembro.

O Concello de Boiro, a través da aula CeMIT, oferta durante o mes de outubro a formación necesaria para a obtención deste título, con contidos como procesador de texto Writer e elaboración de presentación Impress; folla de cálculo Calc e base de datos Base.

“Esta formación acredita os coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito da Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (as TIC) que as persoas precisan para desenvolverse con eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación e que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia”, explica o Concello.

As probas de avaliación terán lugar nas dependencias da aula CeMIT en cada localidade. As inscricións deben facerse a través da web cemit.xunta.gal. Toda a información sobre as probas no Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou vía Whatsapp no 629 769 139.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.