A Asociación de Empresarios de Ribeira e o Concello poñen en marcha a comisión de seguimento local da COVID

08 Setembro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira informou da posta en marcha da comisión de seguimento suxerida polo Concello para tentar paliar os problemas que por cumprimento ou incumprimento das medidas anti-COVID están a producirse no termo municipal.

Con periodicidade semanal, nas xuntanzas deste equipo de traballo velarase pola normativa COVID e a súa aplicación e trasladaranse as demandas e solicitudes dos asociados aos responsábeis.

A composición da comisión será a seguinte:

-Intendente da Policía Local

-Alcalde do Concello de Ribeira

-Un responsábel de cada rama de hostalaría (lecer nocturno, bares e restauración), con carácter rotativo, podendo asistir ás reunións calquera persoa que o solicite.

Os temas a tratar na primeira xuntanza de traballo foron, entre outros, os relativos á cuestión dos cumprimentos de aforamento, o cumprimento de licenzas, a ordenanza de terrazas, o apoio á hora de peche de lecer nocturno, así como a creación dun documento informativo das conclusións ás que se chegue nesta comisión que sirva como xustificante ante as autoridades en caso de necesitalo o sector hostaleiro.

Outros artigos

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado a unha escada, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.