Tras pagala fianza o “Punta Vixía” é liberado por Irlanda

O ‘Punta Vixía’ regresa a Gran Sol tras ser liberado por Irlanda, previo pago de fianza duns 100.000 euros.

O arrastreiro vigués ‘Punta Vixía’ regresou ao caladoiro de Gran Sol tras ser liberado polas autoridades irlandesas, previo pago dunha fianza de algo máis de 100.000 euros, e despois de ser detido, tal como informamos en O Barbanza por unha suposta infracción da normativa pesqueira.

Fontes de cása armadora informou que onte pagouse a fianza. O pesqueiro leva 12 tripulantes a bordo e regresou ao caladoiro para faenar e a empresa atópase á espera da decisión das autoridades irlandesas sobre a suposta infracción.
O ‘Punta Vixía’ foi detido a pasada fin de semana polo patrulleiro da armada irlandesa a 110 millas ao sur de Mizen Head por presunta infracción da normativa pesqueira.