Somos Rianxo xa é oficialmente asociación

27 Agosto 2021

Somos Rianxo vén de comunicar a súa materialización definitiva como asociación empresarial, unha nova fronte común da nosa comarca creada por comerciantes e hostaleiros do concello hai máis dun ano para impulsar iniciativas que redunden na promoción, na publicidade e na dinamización do comercio e a hostalería rianxeira. Até o agora, os seus impulsores xa levaron a cabo máis de 20 campañas desta índole, coa vantaxe, explican, de que se trata de campañas con custe moi reducido para os negocios beneficiarios: o custe oscila entre uns céntimos a un máximo de dez euros. Ademais, a cota de socios é de 50 euros ao ano. En palabras dos impulsores da entidade, “estamos ante unha asociación low-cost, que non ten que asumir custos nin de persoal nin de locais posto que esta xestionada e asesorada por unha consultoría externa”.

Neste intre aglutina máis de 100 negocios locais dos que uns 70 de media participan activamente en todas as campañas ideadas.

Nas últimas semanas Somos Rianxo constituíuse oficialmente como asociación, “en boa medida pola presión das entidades públicas que nos viñan socilitando que deramos este paso”. Ao longo deste tempo de traballo (máis dun ano), xa mantiveron xuntanzas co alcalde Adolfo Muíños e coa concelleira de Comercio, Mari Carmen Figueira, para trasladarlles as queixas, as inquedanzas, as opinións e as ideas do comercio e hostalaría rianxeira. Algunhas delas foron aceptadas, como a campaña de bonos de comercio e hostalaría, solicitada desde setembro do 2020, coa cal o Concello comprometeuse a colaborar con 15.000 euros.

A asociación tamén trasladou ao Consistorio os problemas xerados polo mercadiño ambulante, “pola súa localización, por non cumprir aforos e medidas COVID e por non garantir a normativa de venda ambulante, amais de porque os feirantes non pagan o imposto de recollida de lixos como calquera comercio ou local hostaleiro de Rianxo”, explican dende Somos Rianxo, engadindo que lle reclamaron ao Concello que formalice un cobro polos postos de mercadiño, “xa que levamos máis dun ano sen efectualo, por tanto deixando de ingresar ás arcas municipais máis de 24.000 euros, cando o comercio e a hostalaría rianxeira non tivo ningunha axuda directa nin en exención de impostos”.

A asociación seguirá a traballar trasladando ao Concello o que cualifican de “moito malestar entre os comerciantes, empresarios e veciños rianxeiros polo desleixo por parte do Goberno local en asuntos como ausencia de transporte público, os cortes de tráfico no porto sen dar alternativas ao tráfico, a suxidade nas rúas e o mal estado das beirarrúas, as pragas de ratas e pombas, o abandono total das fontes e xardíns de Rianxo ou o esquecemento das parroquias”, segundo explican.

A asociación está a traballar na súa propia páxina web, “cun gran escaparate virtual no que as empresas socias poidan mostrar, vender e publicitar todoo que queiran, de maneira totalmente gratuíta”, ao que se engade unha páxina de Facebook con preto de 3.000 seareiros así como tamén unha de Instagram que os socios usan a cotío (a de Facebook e a de Instagram) para subir ofertas e publicidade de balde.

Outros artigos

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Os socialistas do Barbanza amosan o seu apoio a Pedro Sánchez

Os socialistas do Barbanza reunironse esta mañá en Rianxo en apoio ao presidente, Pedro Sánchez. O secretario comarcal, Luis Ruiz, leu un manifesto acompañado dos candidatos comarcais e a militancia socialista da comarca. ​ “Os partidos da dereita, incapaces de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

“Libros y autores”. Alberto Barciela

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...