Reciben a alta os sobreviventes do accidente de Muros no que morreron dous mozos

29 Agosto 2021


O tráxico accidente ocorrido a madrugada do sábado, no que os veciños de Outes David Perol Iglesias e Nelson Castro perderon a vida ao caer ao mar no porto de Muros o coche no que viaxaban, levou ao Concello de Outes a suspender os actos lúdicos previstos en sinal de duelo. Así mesmo, a corporación expresou as súas condolencias a familiares e amigos.

Os restos mortais de David Perol de 19 anos, recibiron sepultura esta mañá na igrexa parroquial de San Lourenzo de Matasueiro, tras ser velados no tanatorio de Pompas Fúnebres en Outes. Nelson Castro de 29 anos, será incinerado mañá nun acto familiar.

Os dous sobrevivintes do accidente, Breno dos Santos e Manuel Tajes recibiron a alta no Clínico de Santiago ao que foron trasladados nunha ambulancia tras ser rescatados con síntomas de hipotermia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.