A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, quixo regular e actualizar as zonas e horarios para a pesca deportiva ou recreativa. Aínda que nalgúns portos, concretamente uns quince en toda Galicia, prohibiuse totalmente a pesca recreativa alegando razóns de seguridade ou operatividade portuaria.
Nos portos ou peiraos da provincia da Coruña nos que non se permite, en absoluto, a pesca recreativa son os de Ribeira, Corcubión e Noia. Noutros portos permítense en determinadas zonas e dentro dunhas determinados franxas horarias.
Así as cousas pódese afirmar que a Xunta de Galicia non permite lanzar a cana no porto pesqueiro e comercial de Ribeira aos pescadores deportivos, a maioría deles persoas xubiladas que son afeccionadas a este tipo de lecer marítimo.
Resulta paradóxico que se fale, nos últimos tempos, de lecer activo e prohíbanse actividades lúdicas que non comportan ningún tipo de risco, loxicamente cumprindo cos requisitos legais para iso como a formalización dun seguro de danos a terceiros ou a declaración responsable, entre outros
Un numeroso grupo de pescadores deportivos e afeccionados a lanzar a cana, cada día, unen a súa indignación e malestar para recoller firmas e poder enviar un escrito á Consellería do Mar para oporse ao publicado no DOG.
“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces
Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas características, constatan que se...



