Paideia desenvolve en Boiro un curso sobre márketing, empregabilidade e cooperativismo

26 Agosto 2021

O espazo Lab Barbanza do Concello de Boiro, situado no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, acolle o programa formativo Márketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo que impulsa a Fundación Paideia co apoio da EOI (Escola de Organización Industrial) a Deputación da Coruña e a Asociación Deloa. Na presentación do programa, que tivo lugar esta mañá, estiveron o alcalde, José Ramón Romero, e o vicepresidente de Paideia, Guillermo Vergara.
O programa formativo vaise desenvolver en Boiro entre os meses de setembro e decembro no Lab Barbanza. Trátase dun programa formativo para mozos e mozas desempregados, menores de 30 anos, que se van formar en márketing dixital e tamén en fórmulas de traballo cooperativo. As persoas participantes van recibir 250 horas de formación e un traballo final en grupo, propoñendo un modelo de cooperativa dirixida ao sector do márketing dixital.
Este programa formativo está pensado para mozos e mozas con interese polo sector do márketing dixital, a comunicación, as redes sociais e o deseño gráfico. O proxecto máis destacado dos realizados durante o programa
vai recibir apoio durante un ano para a súa posta en marcha, incluíndo os gastos de constitución e os salarios.
A formación está destinada a mozos e mozas desempregados de entre 18 e 29 anos e vaise levar a cabo no espazo Lab Barbanza entre o 17 de setembro e o 17 de decembro, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas. O curso é gratuíto e as inscricións para participar no programa están abertas ata o vindeiro 7 de setembro a través da web de Paideia. As persoas interesadas poden consultar toda a información en emprendimiento@paideia.es ou no teléfono 981 910 100.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.