Os xogos do Paporrubio chegan o 21 de agosto ao Campo do Bosque de Dodro

12 Agosto 2021

O sábado 21 de agosto, o Campo do Bosque de Dodro vai acoller unha actividade de lecer, cultura e participación moi indicada para as familias: o espectáculo A Eira do Paporrubio, da Compañía Paporrubio, que inclúe xogos diversos e creativos, monicreques, música e tradición oral para familias con nenas e nenos maiores de dous anos. A cita será como dixemos no Campo do Bosque, en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 14.00 a 16.00 horas.

A Eira do Paporrubio forma parte do programa da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña.

Os xogos do Paporrubio, segundo informa a produtora Urdime, é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. Os participantes nesta aventura, guiados polo mestre de cerimonias (o Paporrubio) terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.