Os traballos para pór en valor a ponte Nafonso comezan esta terceira semana de agosto

O Goberno galego anunciou que os traballos de rehabilitación da ponte Nafonso, entre Noia e Outes, comezarán na terceira semana de agosto. Suporán un investimento autonómico de máis de 700.000 euros.

As obras impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na construción, un ben catalogado patrimonialmente, consistirán na substitución do pavimento e da varanda existente, que se atopa deteriorada.

Ademais, levarase a cabo a limpeza dos paramentos exteriores co obxecto de “mellorar o seu aspecto estético, eliminando os elementos danados da fachada da fábrica de pedra para mantela en bo estado de conservación”.

O proxecto tamén abrangue dúas actuacións concretas para o alumeado da calzada e para a iluminación monumental da propia ponte, o que permitirá, en palabras da Consellería, “a súa posta en valor e unha notable mellora na seguridade viaria para vehículos e peóns”. Ademais colocaranse paneis informativos e carteis de localización.

A execución destas obras non son compatíbeis co tráfico na ponte, dado que este é moi estreita. Emporiso, colocaranse os correspondentes carteis informativos de aviso, dous na AC-550 e na estrada provincial DP-5602. Desde xeito, para “minimizar no posíbel a afección no tráfico” o departamento de Infraestruturas da Xunta tentará acurtar na medida do posible o prazo contractual das obras, que é de 6 meses.