Os pescadores deportivos de Ribeira achegan ao Concello a súa proposta a prol de flexibilizar as limitacións á súa actividade

23 Agosto 2021

O alcalde de Ribeira reuniuse este 23 de agosto cunha representación de practicantes de pesca deportiva do municipio, preocupados polo que entenden “excesivas limitacións para o desenvolvemento desta actividade de ocio nas zonas portuarias”.

Os usuarios manifestaron a Manuel Ruiz que “entenden a necesidade de que os traballadores profesionais exerzan o seu labor sen ningún tipo de obstáculo”, mais consideran que “é preciso flexibilizar as restricións establecidas á hora de levar a cabo unha actividade que non ten ánimo de lucro e goza dun alto número de usuarios, sobre todo entre a mocidade e entre as persoas xubiladas”.

Así mesmo, informan de que levan xa máis de 600 sinaturas recollidas. O alcalde comprometeuse a concertar unha cita na Consellería do Mar e acompañar ao colectivo para trasladar as súas inquedanzas e propostas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...