O comercio de Noia celebra esta finde unha nova edición do Super Ofertón con importantes descontos

13 Agosto 2021

Esta semana, o mércores 11, presentouse en Noia unha nova campaña de Noia Histórica para revitalizar e reivindicar o sector do comercio local logo dos reveses económicos e sociais da pandemia. Trátase da novena edición do Super Ofertón.

Na cita participou Pablo Hermo, da directiva da asociación, e a concelleira de Comercio, Laura Salgado. Segundo fixeron saber, un total de 27 establecementos asociados ofrecerán durante esta fin de semana (do 13 ao 15 de agosto) descontos de ata o 80%.

Poderemos atopar importantes oportunidades en materia de moda, calzado, complementos, xoiería, decoración, deportes, etc. O horario dos establecementos será o habitual da súa actividade.

Outros artigos

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

A compañía aAntena leva a Noia (este sábado) a obra “Sol Fuerza”

O Coliseo Noela de Noia acolle este sábado 3 de outubro a representación de Sol Fuerza, da compañía galega aAntena e protagonizada por Lucía Veiga. Será ás 20.30 horas con entrada de balde ata completar o aforo. Trátase dun espectáculo para público adulto que mestura...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.