Na Pobra proseguen os obradoiros de conciliación ata a véspera do inicio do curso escolar

31 Agosto 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal achegou novamente a opción de conciliar durante a época estival cos obradoiros Móvete, destinados a crianzas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos durante as vacacións de verán. A
concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), manifestou que “cada ano aumenta o número de nenos e nenas que fan uso deste servizo”, de feito, neste 2021 move a un total de 165 cativos e cativas. A edil tamén salientou o persoal co que se contou: 15 monitoras contratadas e aproximadamente 20 alumnos e alumnas en prácticas do curso de monitorado de ocio e tempo libre.
Doutra banda, o coordinador dos obradoiros, Rubén López, indicou que se segue o protocolo establecido por mor da COVID-19 e que os grupos se distribúen aplicando a normativa vixente. Así mesmo, fixo fincapé no número de cativos e cativas que empregan o comedor neste ano, que se incrementou considerablemente con relación a edicións interiores.
O campamento desenvólvese no CEP Salustiano Rey Eiras, sumando o EEI Fernández Varela durante os meses de xullo e agosto. O programa oferta a práctica de actividades lúdicas, culturais, deportivas e de xogo libre adaptadas a cada rango de idade.
O servizo comprende dende o 23 de xuño ao 8 de setembro, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas. Ademais, ofértase o Servizo de Madruga (con posibilidade de entrar a partir das 07.30 ou das 08.00 horas) e a prestación de comedor de 14.00 a 16.00 horas, para dar maiores facilidades ás familias usuarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...