Muros e Carnota e Espina & Delfín fomentan o consumo responsable de auga

06 Agosto 2021

O Concello de Muros, o Concello de Carnota e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, fomentan o consumo responsable de auga coa campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca”. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos e anticiparse ás situacións de seca da época estival.

Esta mensaxe de sensibilización difundirase a través de carteis informativos que se colocarán nos edificios municipais, nas instalacións do servizo municipal de auga e nas redes socias de ambas entidades.   

A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para os meses de xullo e agosto teñen un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Para poder manter as reservas hídricas durante o período vacacional é imprescindible realizar un consumo eficiente da auga potable.

Actualmente, a capacidade dos embalses da comunidade aínda presenta boas porcentaxes, pero o descenso é continuo. Na Confederación Hidrográfica Miño-Sil a reserva hídrica atópase nun 53,8 % en Galicia-Costa nun 72,4 %.

Esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga como pechar a billa mentres cepillamos os dentes, ducharse en lugar de darse un baño, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas.

Tamén hai que ter precaución con actividades típicas deste época e, por exemplo, reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns. Ademais, un bo consello para as persoas que marchan uns días de vacacións é pechar a chave de paso de auga da vivenda.

Espina & Delfín é o principal grupo galego que se ocupa do ciclo integral da auga, sector no que presta asistencia técnica, deseña, fabrica, constrúe e mantén infraestruturas diversas; ao tempo que xestiona servizos de abastecemento, saneamento e depuración. Como Muros e Carnota, multitude de concellos de Galicia e empresas públicas e privadas confían en Espina & Delfín. A empresa tamén opera no mercado internacional.

Outros artigos

A Garda Civil de Noia incauta 1.000 litros de gasóleo bonificado

Garda Civil A Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil de Noia incautou 1.000 litros de Gasóleo bonificado no Polígono do Tambre. Os feitos sucederon cando os compoñentes da mencionada Unidade, que se atopaban realizando un servizo na zona, observaron a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...