Gadisa Retail inaugurou en Boiro un establecemento franquiado Claudio Express, situado na estación de servizo Shell, situada na estrada que une Noia e a localidade boirense.
O punto de venda abre os 365 días do ano, en horario de 06,00 a 22,00 horas. Cunha sala de vendas de 60 metros cadrados, o Claudio Express pon a disposición unha variedade con máis de 1.000 referencias de produtos.
A posta en funcionamento da estación de servizo supón a creación de catro postos de traballo directos. O complexo inclúe os servizos de gasolineira, cafetería, boxes de lavado e aspirado, ademais do supermercado.




