Este domingo, nova edición da travesía solidaria de Testal a O Freixo

15 Agosto 2021

Este domingo 15 de agosto, con saída ás 10.30 horas e control ás 10.00, celebrarase en augas de Noia e Outes a dezanove edición da Travesía Solidaria a Nado entre Testal e O Freixo, unha iniciativa deportiva e social a prol da integración dos colectivos con diversidades funcionais ou cognitivas e a prol da promoción do deporte adaptado.

O evento foi presentado esta semana nos seus detalles pola concelleira de Deportes, Laura Salgado, xunto ao presidente do Club Adeco-Dea, Pepe Barrio.

Este ano celebrarase a XIX edición, como cada ano non é unha proba competitiva, tratase dunha xornada de promoción do deporte no colectivo de persoas con discapacidade e o fomento da integración e a inclusión a través da actividade deportiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...