En Ribeira detidos tres mozos por agredir a catro policías locais nunha festa nun baixo

29 Agosto 2021


Dous axentes e dous auxiliares da Policía Local de Ribeira resultaron feridos tras acudir a atender os diversos avisos recibidos ao redor das catro menos dez da pasada madrugada polos ruídos dunha festa nun baixo na Rúa Churriana, no centro urbano ribeirense, segundo informa o Diario de Arousa.

Cando chegaron ao lugar as dúas patrullas policiais, chamaron á porta e abriulles J.V. C., de 23 anos, ao que lle preguntaron quen era o responsable, respondendo que era el. Os policías pedíronlle que se identificase, ao que se negou, e ao preguntarlle por cantas persoas había na festa lles replicó que entrasen e comprobáseno eles mesmos.

Ao acceder ao interior do baixo, os axentes e auxiliares foron recibidos con insultos e improperios por parte dos participantes na festa. A continuación, entre o referido J.V. C. e outro mozo, J. R.S., de 24 anos, empezaron a darlles patadas e empuxóns. Unha vez que estes últimos estaban fóra do baixo, a noiva dun deses dous individuos golpeou a unha auxiliar.

Entre os tres novos causáronlles lesións, negróns e contusións aos catro efectivos policiais, tres dos cales tiveron que ser atendidos no Hospital do Barbanza.

A Policía Local, que solicitou o apoio da comisaría do Corpo Nacional de Policía, procedeu á detención e traslado aos calabozos de J.V. C. e J. R.S. polos delitos de agresión e atentado á autoridade, e este mediodía xa logrou identificar e arrestar á nova, que resultou ser N. B. C., de 20 anos. Agora espérase que os tres pasen mañá ao dispor da autoridade xudicial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...