En Noia a Marea Cidadá denuncia fortes recortes de persoas no Centro de Saúde na época estival

18 Agosto 2021

A Marea Cidadá de Noia presentará unha queixa formal ante a Consellería de Sanidade polos recortes nos sservizos sanitarios que sofre a cidadanía de Noia durante o verán.
Dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia anuncian que presentarán unha queixa formal ante a Consellería de Sanidade polos recortes nos servizos sanitarios que sufre a cidadanía de Noia durante a época estival. Esta queixa levará forma de moción e será sometida a consideración do pleno “ para que non se volva repetir esta situación”
Dende a Marea destancan que os recortes son sen precentes, “que se traducen na reducción ao 50% o número de medicas de atención primaria e falta de servizo de pediatría, o servizo de enfermería tamén se reduceu en 3 profesionais e non houbo servizo ata hai uns días servizo de farmacia o que obrigou aos doentes a desprazarse a
Ribera ou Boiro para sellar as recetas.

Dende a Marea inciden en que durante a época estival é cando máis usuarios e usuarias fan uso do centro de saúde, xa que tamén dan servizo ao turismo da vila.
Destacan que “ foron varios veciños e veciñas os que trasladaron as queixas sobre os recortes de personal no centro de saúde que obrigou a esperas de máis de oito días para a atención primaria”.

Alertan ademáis de que varias medicas teñen manifestado cansancio polo nivel de saturación, o que implican que non poidan dar unha atención de calidade.
Dende a Marea lembran que non se están cubrindo as baixas de xeito permanente, que se contrata personal temporal de moi curta duranción o que impide un correcto seguimento do paciente, característica fundamental da atención primaria.

Seijas apelou a Santiago Freire a “ mirar máis polos servizos esenciais, critican que fixese oídos xordos ante esta situación, da que ten constancia de que esta ao tanto, o resto dos anuncios sobre formigón son complementarios” Seijas conclúe en que ·” un alcalde debe defender os servizos sanitarios da súa vila con firmeza

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...