En Rianxo cortes no paseo da Ribeira a partir do 2 de agosto

01 Agosto 2021

A empresa Proyecon, concesionaria das obras que Augas de Galicia está a efectuar para a construción da nova EDAR de Rianxo, e informa da necesidade de corte de tráfico na rúa paseo da Ribeira de Rianxo, á altura do cruce da praza da Manuela.

As actuacións previstas nese punto comezarán o día 2 de agosto de 2021 e terán una duración aproximada dunha semana, afectando á circulación rodada dende o peirao da T e a zona portuaria.

Durante as actuacións necesarias en dito punto, a circulación de vehículos lixeiros que pretendan acceder á zona portuaria deberá realizarse a través da zona interior dos xardíns, rúa Hospital e rúa Paio Gómez ata a rúa Loureiros ou estrada de Tanxil.

O tráfico de vehículos pesados con orixe ou destino á zona portuaria deberá efectuarse pola estrada de Tanxil, utilizando o itinerario habitual pola rúa Rosalía de Castro/Estrada de Rianxiño, rúa Arcos Moldes,e cruce de Xogo dos Bolos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.